xoves, 31 de xaneiro de 2013

DÍA DA PAZ

Este ano quixemos celebrar o Día da Paz  aportando o noso graíño de area para axudar aos demais. Daquela, organizamos unha campaña de recollida de alimentos básicos entre as familias para despois entregalo á Cociña Económica da Coruña.
Ademais, houbo unha celebración na que escoitamos cancións, lemos poemas e enchemos a palabra PAZ con algúns dos alimentos que se xuntaron.























Tamén fixemos outros traballos moi bonitos co gallo do Día da Paz que mañá vos mostraremos neste blog.

xoves, 24 de xaneiro de 2013

CONTACONTOS NA ESCOLA

Onte mércores, nas aulas de educacion infantil, recibimos a visita de Patricia e Alex, uns contacontos que traballan na editorial Kalandraka. Percorren escolas de toda Galicia levando dun lugar a outro os contos que saen da súa fábrica de soños.
Álex é músico, e leva na maleta os seus instrumentos favoritos para acompañar as máis divertidas historias. Ata ten un que respira e semella estar vivo, é... un acordeón. Patricia conta e canta e sabe moitas historias que nos encantan.
Estivemos moi atentos e gustounos moitísimo.