mércores, 30 de abril de 2014

HOXE NOS VISITA FUCO, O NOSO RATO DE BIBLIOTECA FAVORITO

Dentro da serie de actividades organizadas co gallo do Día do Libro e das Letras Galegas, hoxe visitounos Fuco Ratapón, o rato de biblioteca máis popular desta cidade. Veu acompañado pola súa avoa Violeta. Ambos deleitáronnos coa súa música, os seus contos e a súa simpatía.

Fuco sempre ven acompañado do seu acordeón e dos seus libros.

 
Sempre consigue facernos sorir. 

 

Esta vez o tema foi a paz e a resolución pacífica dos conflictos.

 



O s rapaces e rapazas tamén puideron participar.

 

Cantamos xuntos.

 

E finalmente, despedímolos con moitos aplausos. 

 

E eles saíron ata a porta para despedirse de nós.

 

Ata pronto Fuco Ratapón! Esperamos verte pronto pola escola de novo.

SAÍDA A MARÍA PITA (4 ANOS)

Dentro das rutas urbanas que estamos realizando esta primavera, aos de 4 anos tocoulles o percorrido pola Praza de María Pita. Alí, a través dunha serie de explicacións e actividades lúdicas aprendemos algo sobre a historia da nosa cidade e sobre a figura de heroina María Pita.
 



 

 

 

 

 

 

 

 

SAÍDA AOS XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ (3 ANOS)

Como todas as primaveras comezamos as saídas dedicacas ás Rutas urbanas organizadas polo concello. Este foi o turno dos de 3 anos que coñeceron os xardíns de Méndez Núñez e realizaron unha serie de actividades lúdicas dirixidas por unha monitora.




 

 

 

 

 

mércores, 9 de abril de 2014

A MAMÁ DE MAURO E FABIÁN FAI PAN E ROSQUILLAS NAS AULAS.

Este luns, a nai de Mauro e Fabián foi á clase de 5 anos a ensinar as nenos e nenas como se fai o pan, e os diferentes tipos. Levou varias mostras de fariñas e libros e diversos materiais impresos sobre as variedades de pan e as receitas.

Acompañada de Márita, amosounos todo o proceso de mesturado, amasado,...e finalmente cada un levou o su boliño feito para cocer na casa (xa que como sabedes non temos forno na escola).
Diferentes panes e fariñas
Todo preparado


Os ingredientes listos
Agora a mirar a receita e comezar


Vemos todo o proceso
Todos participan

Tocamos as texturas

Hai que amasar

 

A masa ten que repousar...
para que medre.


Mentres aprendemos
Tocamos e ulimos.


Damos forma á masa.
Coma se fose plastilina


Facemos os boliños
Para levar a casa
 O mércores a mamá de Fabián e Mauro, volveu. Esta vez á clase de 3 anos. E alí amosou o proceso de elaboración das rosquillas.



 Ao final tod@s xogaron coa masa, modelárona, fixeron rosquillas, e outras formas que logo levaron para cocer nas casas.



Pero todos puidemos probalas porque Mónica trouxo un montón de rosquillas xa preparadas para tod@s. Vaia merenda! 

E que ricas estaban!