martes, 19 de maio de 2015

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2015

O día 15 de maio, celebramos no colexio o Día das Letras Galegas (como sabedes é o día 17 pero non hai clase). Este ano o autor homenaxeado foi Xosé Fernando Filgueira Valverde.

Na primeira parte do festival, contamos cun grupo de folk do que forma parte o pai de Aitor, alumno de 1º de primaria, e que se prestaron a ofrecernos un concerto. A verdade  e que fanno de marabilla, estivo moi animado e todos disfrutamos moito, sobre todo cando puidemos bailar.








Na segunda parte, o alumnado foi o protagonista. Cada clase ofreceu unha actuación; houbo baile, teatro, cancións, poesías, música,... 

Os presentadores: Mauro e Marta Niño de 6º.

Os de infantil preparados para actuar 

Representaron A casa da mosca chosca.




Foi unha actuación fantástica!

Os pandereiteiros de 6º. Coma sempre estiveron incribles.

A canción dos Insectos


Os de 2º

Os de 3º dixeron poesías.

Máis baile e música galega.

Os de 4º recitaron.

Os de 1º bailaron unha muiñeira.

Coa colaboración dos maiores.

Amaya tocou a gaita e Mateo a pandeireta.
Ao final estabamos todos esgotados. Foi unha mañá moi intensa, pero todos pasámolo realmente ben.

mércores, 6 de maio de 2015

OS DE 3 E 4 ANOS VISITAN O MUSEO DE BELAS ARTES

Esta semana o alumnado de infatil foi ao  Museo de Belas Artes de Coruña. Alí fixeron unha visita guiada polas salas, onde lles presentaron dun xeito dinámico e lúdico as diferentes formas artísticas (pintura, escultura,...) e remataron cun obradoiro no que todos pintaron. 


A chegada. Dannos instruccións.
Primeiro, vistamos as salas.

O papá de Diego de 3 anos, foi un dos nosos guías.

Con eles puidemos observar cadros,

buscar personaxes,..

aprender sobre materiais,...

Puidemos escoitar un conto vendo os cadros de Luis Seoane.

Foi dinámico,

participativo,

didáctico,

variado,

e moi entretido.
Para rematar, houbo un obradoiro onde os rapaces colorearon unha lámina cun debuxo do pintor Luis Seoane.













Que ben o pasamos!

ABRIL, MES DOS LIBROS

O 23 de abril é o Día Internacional do Libro, e é unha conmemoración celebrada a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura e a industria editorial. Elixiuse esta data porque coincide coa do falecemento de Miguel de Cervantes e William Shakespeare no ano 1616.

En todo o mundo organízanse actividades en torno aos libros e, como é natural, tamén nas escola. No cole de prácticas fixemos concursos, lectura de contos nas aulas, exposición de libros e moitas cousas máis.

Nestas imaxes, a profe de 6º de infantil e os seus alumnos contan contos noutras aulas.