luns, 21 de setembro de 2015

COMEZO CURSO 2015-2016

Comeza un novo curso con novos alumn@s, novos profes e novas ilusións. 
Estes primeiros días os pequeniños son os protagonistas, xa que chegan á escola por primeira vez e comeza o periodo de adaptación. A verdade e que se adaptan moi ben e bastante rápido, non tedes máis que velos.






Outr@s, máis veteran@s, volven con ganas de xogar, aprender, reunirse cos compañeir@s...








Na entrada do cole atopámonos, nada máis chegar, cunha exposición adicada a un magnífico escritor e ilustrador de contos infantín, Anthony Browne. Con ela queremos a un tempo renderlle unha homenaxe ao autor polo seu traballo e ademais comezar o curso traballando a partir dos seus libros (especialmente os máis pequenos).


Feliz comezo de curso a todo@s!