venres, 23 de decembro de 2016

BO NADAL!

Un ano máis estes días estivemos decorando o colexio para celebrar as festas de Nadal...Grazas a todos pola vosa colaboración no nome do EDLG !



UNHA PORTA ABERTA Á MAXIA DO NADAL




UNHA CHEMINEA QUE AGARDA A CHEGADA DE PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS




UNHA ÁRBORE CARGADA DE DESEXOS
"Cada tarxeta un desexo, cada desexo unha ilusión dos nosos nenos e nenas"

martes, 6 de decembro de 2016

PACO NOGUEIRAS VISITA O CENTRO

O pasado 28 de novembro recibimos a visita do contacontos e músico, Paco Nogueiras, que veu da man da editorial Kalandraka. Tivemos unha sesión na biblioteca á que acudiu o alumnado de educación infantil do centro. Alí puidemos disfrutar dunha selección de contos narrados polo noso invitado ademais dalgunhas cancións. Pasamos un rato moi agradable con contos como Renato, Os tres porquiños, Piñeiro e Mister Magnolia.






mércores, 30 de novembro de 2016








Ao longo do mes de novembro o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) propuxo aos titores/as das aulas de 2º a 6º cursos de educación primaria un caderniño cunha seleccion de lendas que recollen os autores que agora vos presentamos.




Son as historias galegas de fantasmas e terror ARREPÍOS E OUTROS MEDOS de X. Miranda e A. Reigosa. A intención non é outra que pasar un chisco de medo disfrutando da escoita!







mércores, 2 de novembro de 2016

O MAGOSTO

O MESMO DÍA DO SAMAÍN CELEBRAMOS UN MAGOSTO NO COLEXIO.









AS EXPOSICIÓNS NO SAMAÍN

AQUÍ TEDES A EXPOSICIÓN DE CABAZAS DECORADAS 



















TAMÉN CONTAMOS CON EXPOSICIÓNS DE LIBROS DE MEDO










E TODO O ALUMNADO PERCORREU OS CORREDORES PARA DISFRUTAR DA EXPOSICIÓN NA MAÑA DO VENRES 28 DE OUTUBRO