martes, 19 de novembro de 2013

DINOSAUROS

O noso  proxecto de traballo para este primeiro trimestre en Educación Infantil trata sobre os DINOSAUROS, eses seres tan fascinates que existiron hai moitos millóns de anos. Os rapaces amosaran en moitas ocasións interese por saber cousas sobre eles, e por fin, na escola decidímonos a dar resposta a esta inquietude.

Comezamos preguntándonos:

QUE SABEMOS?

QUE QUEREMOS SABER?

Despois comezamos a recopilar información:
  •  nas bibliotecas,
  •  todas as familias implícanse traendo moitísimos materiais: libros, traballos feitos na casa, láminas, fósiles, dinosauros de xoguete, dvd, revistas, debuxos,...
E facemos unha exposición con todo, na entrada do colexio e nos corredores.





Nas aulas temos os dinosauros de xoguetes, con eles xogamos.






Todos os días lemos e aprendemos algo novo, tamén facemos moitas fichas,...









Facemos dinosauros con pintura,...





Agora estamos empezando a facer un gran dinosauro con caixas de cartón. De momento estamos pintando, pero pronto veredes o resultado.




luns, 18 de novembro de 2013

MÁIS SOBRE O SAMAÍN: INFORMACIÓN E FOTOS


Este é o díptico que levamos a casa con información e xogos



Estos son os morcegos que fixemos 


Os disfraces do Samaín


As cabazas acendidas

Había moitísimas!

Algunhas espeluznantes

Todas moi orixinais

Divertidas

Diferentes

Feitas por nós



luns, 11 de novembro de 2013

AS FESTAS DO OUTONO: MAGOSTO E SAMAÍN

Como todos os anos chegou o outono e o tempo de asar as castañas e decorar cabazas. De feito, a do Samaín é unha das celebracións que máis gustan aos pequenos, coas decoracións terroríficas, esqueletos e caveiras nos corredores da escola, cancións de medo, a festa,....

Este ano o día elixido estivo un pouco pasado por auga e non poidemos disfrutar tanto da merenda de castañas xa que estaba todo mollado e tiñamos pouco espacio na patio cuberto, pero bailamos e pasamolo moi ben igual.

A araña recíbenos ao chegar




E o esqueleto...


Disfreces e morcegos



Moitos disfraces!



A exposición e o acendido das cabazas


Mirando as cabazas dos compañeiros

Comendo castañas...

Como facía mal tempo, os pequenos comeron dentro.

Despois, o baile.


Fin da festa. Preparados para marchar.