venres, 18 de decembro de 2015

BO NADAL

Este é o traballo de Nadal feito por TODO O ALUMNADO DO CENTRO.
FELICES FESTAS!

VISITA DO CARTEIRO REAL

Dentro do programa de actividades do Nadal, este xoves contamos coa presenza duns emisarios reais. O alumnado puido entregarlles a carta dirixida a Papá Noel ou aos Reis Magos.
Aquí tedes algunhas fotos.
















xoves, 17 de decembro de 2015

EXPERICIENCIA: MÁIS ACTIVIDADES

Foron tantas as actividades que se fixeron que aquí só podemos reflectir algunhas mostras. @s alumn@s contribuiron traendo diversos experimentos preparados na casa coas súas familias.










Tamén viñeron mamás a facer experimentos. Neste caso tratábase de acender unha pequena bombilla vermella que sería o nariz de Rudolf. Cada un levou o seu reno para casa.







Tod@s puideron experimentar, amosar, asombrarse e asombrar...







Tamén houbo teléfonos artesáns.





E funcionaban mooooi ben!




Un sen fin de actividades coas que nos divertimos e aprendemos...
Ata o vindeiro proxecto!

COLLAGES (6º PRIMARIA)

Na aula de 6º de primaria fixeron numerosos collages a partir de diferentes materiais de refugallo e con moita imaxinación e arte. Aquí temos unha pequena mostra do proceso creativo e algunhas das obras resultantes. Esperamos que vos gusten. 












RECOMENDACIÓNS LECTURAS NADAL 2015




mércores, 16 de decembro de 2015

SAÍDA AO CGAI DA CORUÑA

Como xa ven sendo habitual cada novembro, os alumnos e alumnas de educación infantil foron cos seu profes a ver cine. No Centro Galego de Artes da Imaxe, póñennos en contacto con formas de facer cine diferentes das que estamos afeitos a ver nas salas comerciais, polo que son inusuais e a miúdo sorprendentes. Nesta ocasión vimos varios curtos de animación feitos en Irán. Toda a rapazada disfrutou moito, tanto na sala de cine como no paseo en autobús a través da cidade. Para os de tres anos foi, ademais, a súa primeira saída escolar.

Na sala de cine do CGAI


Saíndo do edificio de Durán Loriga.

Esperando polo autobús.

É hora de voltar á escola.