mércores, 29 de maio de 2013

IAGO VISITA AS AULAS DE INFANTIL COA SÚA VIOLA

Iago, de 1º de primaria, visitou as aulas de infantil para amosarnos o seu instrumento, a viola, falarnos sobre el e interpretarnos algunha melodía. E a súa actuación gustounos moito a tod@s.
Iago interpretando un tema

Concentrado na partitura e no instrumento

Todos atentos e encantados




luns, 27 de maio de 2013

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2013

Este ano o Día das Letras Galegas estivo adicado a Roberto Vidal Bolaño. Na escola fixemos multitude de actividades, algunhas dirixidas a coñecer a este personaxe da cultura galega, e outras centradas na música tradicional e o himno galego.
De feito, no noso festival, foi especialmente aplaudida e sumamente emotiva a interpretación do noso himno por parte de todos, alumnado e profesorado, algúns con instrumentos e, a maioría, coas nosas voces.


Afinando instrumentos


Interpretando o himno

Fíxose ademais un gran mural na entrada do centro co himno galego, a partir do traballo feito en cada aula sobre unha das  estrofas.





Ademais, cada clase preparou unha pequena actuación: cancións, bailes, recitados, dramatizacións,....Normalmente, facemos o festival no patio exterior porque é moito máis bonito; pero esta vez, tivemos que conformarnos co ximnasio do soto xa que a meteoroloxía non acompañou. Aínda así, pasámolo moi ben. Aquí tedes fotos dalguns momentos da mañá.



















Tiñamos programado facer xogos tradicionais no patio, pero quedarán para fin de curso, a ver se vai mellor tempo.
.

LETRAS GALEGAS 2013. ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.

O escritor homenaxeado este ano é Roberto Vidal Bolaño. Naceu en Santiago de Compostela no ano 1950. Estudou  primaria e bacharelato en Santiago e con doce anos comezou a traballar como repartidor de recambios de coche, emprego ao que seguiron outros, nunha axencia de viaxes, nunha entidade bancaria,... ata que, con vinte e sete anos, comezou a traballar profesionalmente no teatro. Fundou a primeira compañía de teatro  en galego, o Grupo Antroido, na que fixo un pouco de todo: empresario, director,actor, autor,...

Ao longo da súa traxectoria artística escribiu preto de trinta obras teatrais, algunhas adicadas ao público infantil. Tamén realizou guións para as televisións galega e española, levando á pantalla relatos de escritores galegos como Fole ou Blanco Amor. Participou como actor en longametraxes e series televisivas e foi actor de dobraxe en máis de cincuenta películas. 
Recibiu numerosos premios pola súa obra teatral: Premio Abrente, Premio Cunqueiro, Rafael Dieste, Eixo Atlántico, Tirso de Molina...
No ano 1991 creou e dirixiu a compañía Teatro do Aquí, coa que seguiu representando as súas propias obras.
Roberto Vidal faleceu en Santiago de Compostela na madrugada do once de setembro de 2002.



mércores, 15 de maio de 2013

MÚSICA GALEGA NA ESCOLA

Xa que esta é a semana das Letras Galegas e o noso proxecto de traballo neste trimestre é a música, pensamos que estes días eran unha boa ocasión para coñecer un pouco máis da música tradicional galega. E, como introducción contamos coa presenza dun grupo de alumnos e alumnas de 4º de primaria que saben tocar e cantar moi ben.
As presentacións
 Mostráronos a gaita, da que Amaya nomeou as súas partes principais, a frauta agaitada, da que Mateo nos dixo que podía utilizarse para aprender a tocar a gaita e as pandeiretas.

Mostran os instrumentos: a gaita de Amaya

Frauta agaitada

A pandeireta
 Despois, deleitáronos con varias cancións populares: Muñeira de Lugo, Pasodoble de Calo, Ai Manuel,...

Comeza a música

Amaya coa gaita
 Cantaron, tocaron, bailaron e os pequenos disfrutaron moitísimo e non perderon a atención nin por un momento.

Os pequenos atentos e encantados

Música e baile

Máis baile

Os pandereiteiros

Sen perder detalle

Oxalá podamos escotaitalos e contar con eles máis veces. Encantounos!

DORES TEMBRÁS. UNHA ESCRITORA NO COLEXIO.

A autora do Peizoque Roque visitounos  o venres, 10 de maio. Estivéramos varios día preparando esta visita  (contamos o conto, debuxamos os personaxes, fixemos o niño dos peizoques,...) e estabamos ansiosos por coñecer a Dores.
Resultou ser unha contacontos fantástica e unha persoa encantadora, así que o resultado foi...

ESPECTACULAR!

A reseña do libro é:
O PEIZOQUE ROQUE
Autora: Dores Tembrás
Ilustrador: Xosé Tomás
Editorial: Galaxia

Estos son os nosos traballos

O niño dos peizoquiños

Mamá peizoque con Roque e os seus irmáns
Dores contounos o seu conto


Os nenos e nenas axudárona

Traía ao peizoque Roque

Todos escoitamos con atención

Tamén fixemos preguntas

Fixémoslle un agasallo

E agradecémoslle a súa visita
Ela regalounos un tatoo do peizoque Roque

Todos queriamos un

E ninguén quedou sen peizoque

Grandes e pequenos
GRAZAS POR VIR E CONTARNOS OS TEUS CONTOS!

luns, 13 de maio de 2013

6º DE INFANTIL NOS XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ

Os nenos e nenas de 6º de infantil foron aos Xardíns de Méndez Núñez. Esta saída forma parte do programa Rutas Urbanas dentro do programa Descubrir Coruña ofrecido polo Concello para escolares.

Primeiro, a chegada e as presentacións.

 Logo, os xogos no Kiosco Alfonso: Verdadeiro e falso -había que coller unhas imaxes do chan, descubrir se pertencen ao sitio no que estamos e decidir cal delas nos gustaban máis. Despois, atopar parellas de elementos no xardín.




 A continuación, marchamos cara a estatua de Curros Enríquez. Alí, despois de observala, tivemos que adiviñar, nunhas fotos, a que parte corresponde. Ao final,subimos ao "barco pirata" que ten a escultura.

 Por último, dirixímonos ao palco da música. Subimos para formar unha orquestra con instrumentos de percusión segundo as indicacións das directoras/monitoras. Tocamos claves, axouxeres, crótalos, güiros,...E soaba moi ben!







Tivemos un bo día e pasámolo moi ben.