domingo, 21 de maio de 2017







REMATANDO A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS...


Achegamosvos as últimas actividades do colexio con motivo desta conmemoración especial.



Os nosos nenos/as colaboraron na realización
deste mural en torno a Carlos Casares. Gustounos a todos!



Este venres o alumnado de educación primaria adicou un tempiño a contar contos en galego aos máis pequenos e deste xeito todos gozaron da escoita en galego!













GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN !!




mércores, 17 de maio de 2017





DÍA DAS LETRAS GALEGAS: 
TRÍPTICO DE LECTURAS RECOMENDADAS 




Ás veces o vento
semella que fala
dos meus,
os que eu amo,
da miña outra patria.


É a voz que fai eco
no eterno silencio
da rúa do adro.


Vento Ferido, Carlos Casares.



Aquí tedes un tríptico de lecturas recomendadas na nosa lingua:







venres, 12 de maio de 2017




SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: SESIÓNS DE CONTACONTOS 


Nestes días os mestres adicamos un tempiño a facer de contacontos:



Xuntamos ao alumnado de 4º e 5º de educación infantil
 na biblioteca 
para escoitar o conto.





O alumnado de 6º de educación infantil,
 gozando da escoita en galego.







SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: ADICANDO UN ESPAZO A CARLOS CASARES PARA OS NENOS/AS




"Debo agradecerlle ao meu avó que dende neno me ensinase que os contos, como a vida, non son máis que detalles e que o tempo simplemente non existe".



Aquí tedes unha boa mostra da obra deste escritor para os nosos nenos/as do colexio:




Nos corredores do colexio fixemos unha pequena exposición da súa obra que agora vos amosamos:
















SEMANA DAS LETRAS GALEGAS:
UNHA HOMENAXE A NOSA LINGUA



En 1963, cando se cumprían cen anos da publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía, a Real Academia Galega decidiu adicar un día no ano a festexar as nosas letras.

Desde entón, cada 17 de maio celebramos que Galicia ten unha lingua e literatura propias.

Aquí tedes o autor galego homenaxeado este ano:



"A miña lingua é o galego e eu, dende o meu oficio de escritor, estou a defender esa lingua con  todas as miñas forzas e todos os meus coñecementos"




TEN MAIO A CHAVE DO ANO...