venres, 23 de decembro de 2016

BO NADAL!

Un ano máis estes días estivemos decorando o colexio para celebrar as festas de Nadal...Grazas a todos pola vosa colaboración no nome do EDLG !



UNHA PORTA ABERTA Á MAXIA DO NADAL




UNHA CHEMINEA QUE AGARDA A CHEGADA DE PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS




UNHA ÁRBORE CARGADA DE DESEXOS
"Cada tarxeta un desexo, cada desexo unha ilusión dos nosos nenos e nenas"

martes, 6 de decembro de 2016

PACO NOGUEIRAS VISITA O CENTRO

O pasado 28 de novembro recibimos a visita do contacontos e músico, Paco Nogueiras, que veu da man da editorial Kalandraka. Tivemos unha sesión na biblioteca á que acudiu o alumnado de educación infantil do centro. Alí puidemos disfrutar dunha selección de contos narrados polo noso invitado ademais dalgunhas cancións. Pasamos un rato moi agradable con contos como Renato, Os tres porquiños, Piñeiro e Mister Magnolia.