venres, 26 de febreiro de 2016

OS DE 4º E 5º DE INFANTIL VISITAN O MUSEO DE BELAS ARTES

Esta semana foi a quenda dos de 3 e 4 anos que foron visitar o Museo de Belas Artes. Fixeron tamén o percorrido O mar, onde puideron gozar das obras de Urbano Lugrís.


Algúns seguiron o percorrido a través do plano da cidade que levaban.


Unha vez alí fixéronse dous grupos e iniciamos a visita guiados polas monitoras.








Ao final cada un elaborou un álbum con algunhas das obras visitadas. Así puideron levar un bonito recordo para casa.




DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO NO CEIP DE PRÁCTICAS

Os rapaces e rapazas ilustraron algunhas das poesías de Rosalía de Castro. Coas obras dos máis cativos fixemos unha exposición nos corredores, onde mostramos tamén unha pequna selección de libros da autora. 







martes, 23 de febreiro de 2016

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) invítanos a conmemorar o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.

Con este motivo, o Equipo de Dinamización Lingüística do centro, propón unha serie de actividades para desenvolver nas diversas aulas para dar a coñecer aos máis pequenos a obra de Rosalía.



Aquí propeñémosvos algúns recursos interesantes que estamos empregando na escola.






PARECE UNHA ROSA (LIBRO POEMA DE ROSALÍA DE CASTRO)



luns, 15 de febreiro de 2016

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES DE 6º DE INFANTIL

O xoves, 11 de febreiro visitamos o Museo de Belas Artes da Coruña. O mar e o museo foi o percorrido que fixemos e tivo como fío conductor os cadros e esculturas que gardan relación cos mundos mariños reais e fantásticos. Partindo da obra de artistas como Urbano Lugrís, Luís Seoane ou Francisco Lloréns, entre outros, descubrimos cadros e esculturas para coñecer moitas cousas relacionadas co fascinante medio mariño e coa pintura. Ao finalizar o percorrido polas salas, o alumnado creou o seu propio álbum de cadros do museo.
Como é natural, prestamos especial atención á obra de Urbano Lugrís xa que este trimestre estamos traballando sobre el na aula.


Chegada

Escultura

Vendo Mariña unha obra de Jaime Morera y Galicia

O fresco A Coruña 1830 de Urbano Lugrís

Coñecendo os útiles dos pintores


Observando os detalles



As obras de Lugrís

Na sala dos pintores galegos do século XX



Mariña surrealista de Urbano Lugrís

Nos obradoiros

Facendo o album de obras do museo







MÁIS TRABALLOS SOBRE OS ENTROIDOS

Foron moitos os traballos feitos polo alumnado para o Entroido. Aquí van algunhas fotos dos corredores da escola con algunhas mostras.