venres, 22 de marzo de 2013

EDUCACIÓN INFANTIL NO PAZO DA ÓPERA

O mércores, o alumnado de infantil foi ao Pazo da Opera. Alí, un sexteto de corda chamado ARCOS IRIS, formado por músicos de varias nacionalidades, mostrou aos rapaces instumentos de corda (violín, viola, violonchelo e contrabaixo), as súas carácterísticas e  as súas diferencias. Tamén fixeron unha mostra de diferentes estilos musicais, música como a de Ravel, Mozart, Strauss ou Bocherinni, música popular irlandesa e jazz. Todo isto, dun xeito moi lúdico e participativo. Incluso Fabián, un compañeiro de 5º de infantil, fixo de director de orquesta.



Acomodándonos nos asentos

Preparados e esperando a que comece

Ábrese o telón


E o espectáculo comeza

O sexteto


Fabián, director de orquesta


Que tal o fago?
E agora, sen axuda






Un fantástico espectáculo!

xoves, 21 de marzo de 2013

WARHOL, POLLOCK, MONDRIAN E PICASSO EN 5º DE PRIMARIA

Esta é exposición dos traballos do alumnado de 5º de primaria a propósito dalgúns pintores do século XX.
Así vería Andi Warhol aos profes


 Así vería aos rapaces e rapazas de 5º

 Estas son obras baseadas en Mondrian

 Estas en Pollock
 E estas en Picasso


Esperamos que vos gusten

MANDALAS DO MUNDO (5º PRIMARIA)

Os mandalas son representacións esquemáticas e simbólicas que poden referirse a calquera realidade: contos, lugares, sentimentos, animais,... Consisten en debuxos de certa complexidade que hai que colorear. Os debuxos inscríbense nun círculo, polo xeral, aínda que ás veces adoptan outras formas xeométricas. Colorear mandalas é unha actividade moi relaxante e que desenvolve o gusto artístico, a creatividade e o xogo coas cores. É unha actividade moi común nas escolas da India, China e outros paises de Asia.







Ao estaren traballando en Coñecemento do Medio nos temas que fan referencia ao entorno xeográfico, os mandalas refírense a diferentes paises. Cada neno/a de 5º elixiu o mandala do pais que quería colorear. Este mandala, situado no centro, vai acompañado de 4 mandalas máis pequenos.










xoves, 14 de marzo de 2013

PLANTANDO BULBOS

Os nenos e nenas de 6º de infantil recibiron un día unha carta que traía un bulbo de tutlipán como regalo. Despois de consultar nos libros como plantalo e que se necesitaría para facelo, puxeron mans á obra. Xuntáronse cos compañeiros de 4º e 5º e comezaron.



Tiñan todo o necesario: o bulbo, a maceta, a grava, a terra e a auga.


Moitos colaboraron, outros tivéron que conformarse con mirar.



E agora só queda esperar. Terá éxito a nosa experiencia?. Pronto o saberemos.

mércores, 13 de marzo de 2013

INVESTIGACIÓN SOBRE OS MOUCHOS EN 2º DE PRIMARIA

Cada día, durante este curso na aula de 2º trabállanse as frases feitas. Unha delas dicía Cada moucho á súa oliveira. Así, comezou o traballo sobre o seu significado e xurdiu unha pequena investigación e posta en común das indagacións feitas . Os datos e traballos que ía aportando o alumnado expuxéronse nas paredes da aula e naceu a idea de facer un traballo de plástica sobre estes animaliños. Fíxose unha especie de concurso de ideas e finalmente seleccionouse unha. Buscouse o material e despois de varias sesións de traballo, das dificultades e solucións atopadas, da necesidade de cooperación entre compañeir@s e axuda mutua, por fin, o espléndido resultado do que alumn@s e profe sentíronse moi, moi satisfeit@s.
As nosas investigacións.
Máis,....



Os nosos mouchos.