luns, 14 de marzo de 2016

VISITA DOS CONTACONTOS DE KALANDRAKA

Como cada ano recibimos a visita de Patri e Alex, dous contacontos da factoría de contos de Kalandaka que veñen dende Pontevedra para deleitarnos coas súas historias: A que sabe a lúa?, Despois da chuvia, Números,.. e a súa música.






xoves, 3 de marzo de 2016

NO PAZO DA ÓPERA

Esta semana fomos a un concerto do Quinteto de cordas Arcos Iris. Alí puidemos gozar dunha nova viaxe musical protagonizada polo grupo que serviu para achegar aos máis cativos a novos sons a través da maxia dos arcos e das cordas. Foi un espectáculo moi entretido e variado que gustou a todos e a todas.