venres, 27 de febreiro de 2015

DESCUBRINDO A PREHISTORIA (I)

Descubrir a Prehistoria é o que queremos facer co noso proxecto de infantil no segundo trimestre do curso.
Partindo do que xa sabemos e do que queremos aprender, comezamos a investigar. Para iso, solicitamos axuda ás familias e ás bibliotecas municipais. As familias axudan coa motivación, animando aos rapaces e despertando o seu interese, recollendo nova información con eles, aportando materiais á escola,.... As bibliotecarias buscan nos seus fondos todos aqueles libros informativos ou de ficción que teñan relacionados co noso tema. E, por suposto, as profes aportamos tamén os nosos materiais e organizamos o traballo nas aulas. Con todo isto, e entre todos, imos construindo as nosas aprendizaxes.

Esto é un resumo do que os nen@s pensan

Comezamos a organizar os materiais  que imos recopilando

Expoñemos todo nos corredores e nas aulas


Decoramos a escola cos nosos traballos

A cova,

o lume e as pinturas rupestres...

Todos aportan algo. Noa trae unha pel de animal.

Irene pinceis como os da prehistoria e unha pintura como as da Prehistoria

Na prehistoria aprenderon a facer lume

Estudamos sobre a pintura rupestre

O carbón e os pigmentos eran os materiais que usaban para pintar sobre as paredes das covas

Usabano o negro, o vermello e o ocre.

Probamos a facer coma eles.

Nós pintamos sobre papel, eles facíano sobre a pedra.

Pintaban os animais: renos, bisontes, mamuts,.....

Pintamos con trozos de madeira queimada como facían na Prehistoria.


Tamén pintaban figuras humanas 

Preparamos os pigmentos

Probamos primeiro.

E despois, a colorear!


Tamén gostaban de pintar as súas mans.

Usamos as cores que usaban no pasado.

E o resultado gustóunos.

Os de tres anos fixeron as súas mans.

Ocre, vermello, negro....

Na prehistoria tamén aprenderon a facer cousas con barro.

Pois na escola, tamén quixemos facelo.

Foi moi divertido.




Cada un decorou as súas pezas ao seu gusto.



Tamén fixemos bolas para facer colares e pulseiras,

e así adornarnos como facían os cavernícolas.




E aquí están os  rsultados



Erik fixo uns traballos moi bonitos en familia

Con todo detalle

Pablo, que fai as prácticas na escola, inventou un conto da Prehistoria para nós.

Tamén fixo unha cova ben bonita.
Que amosou en todas as aulas de infantil





E entrar nas nosas aulas é como entrar na Prehistoria!

Non si?


E esta é a música que  serve de banda sonora ao noso proxecto. So tedes pue clicar, e listo!

https://www.youtube.com/watch?v=Mo-SgTuw_IU


Ben, de momento esto é todo, pero pronto veredes moito máis do que está a suceder na escola nas aulas de infantil.