23 DE ABRIL DE 2017, DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR.
Achegámosvos un fragmento da mensaxe da UNESCO co gallo desta conmemoración:
"O Día Mundial do Libro e do Dereito do Autor constitúe unha oportunidade para poñer de manifesto o poder que teñen os libros de fomentar a nosa visión de sociedades de coñecemento inclusivas, pluralistas, equitativas, abertas e participativas para todos os cidadáns".
Irina Bokova. Directora Xeral da UNESCO.
Conakry (Guinea) foi designada Capital Mundial do Libro 2017 en recoñecemento ao seu programa para fomentar a lectura na mocidade e nos sectores máis desfavorecidos da poboación.
Este ano a poeta Rosalía Fernández Rial agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia:
Os nenos/as do colexio ilustraron as portadas dalgúns dos seus libros preferidos. Aquí tedes unha mostra: