luns, 26 de febreiro de 2018

O día de Rosalía de Castro



             O 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro.

Para conmemorar o seu nacemento no colexio fixemos unha escolma da súa obra  que expuxemos na entrada do centro.


Durante a semana do 19 ao 23 de febreiro cada aula elaborou unha actividade e escoitou, entre outros, o poema recitado e musicado de "Adiós ríos, adiós fontes".

En Educación Infantil empregaron varias técnicas para colorear a caricatura da autora.
En Educación Primaria fixeron un punto de libro con poemas de Rosalía.

Primeiro e Segundo,  completaron os ocos que faltaban no poema de "Adiós ríos, adiós fontes"
Terceiro e Cuarto, copiaron unha estrofa do poema e inventaron unha nova rima.
Quinto e sexto, foron os encargados de detallar algo sobre a vida e obra de Rosalía no seu punto de libro.

As nenas e nenos de Primaria decoraron os seus puntos de libro con debuxos sobre o que lles suxería o poema musicado.

Con todos estes traballos fixemos o venres 23 unha exposición nas fiestras das nosas aulas, seguindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para os centros escolares #AbrideAFiestra.
Este foi o resultado. Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado pola vosa participación!.





















Un saúdo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.



venres, 16 de febreiro de 2018

Entroido



               O día 9 de Febreiro conmemoramos o entroido no CEIP de Prácticas.
               Fixemos un desfile no ximnasio para ensinar os nosos disfraces e merendamos doces típicos destas datas que trouxo cada familia.

               Velaí unha mostra do ben que o pasamos.










xoves, 1 de febreiro de 2018

O receitario do outono


O receitario do outono comeza a ter forma. En breve daremos a coñecer as receitas e teredes o exemplar dispoñible para consultar na biblioteca do centro.








Moitas grazas polo voso esforzo e colaboración.


Día Escolar da non Violencia e da Paz



O día 30 de xaneiro conmemoramos o día da non Violencia e da Paz no CEIP de Prácticas.

Durante toda a semana fixemos mensaxes pola Paz que colocamos nos chanzos das escaleiras e unha árbore coas nosas pegadas.

O martes xuntámonos no ximnasio para ler as frases elexidas por cada curso para poñer na escaleira e cantamos xuntos a canción "No dudaría " de Antonio Flores.

Temos unha exposición cos libros relacionados coa non Violencia e a Paz

Tamén recollemos alimentos para o Banco de Alimentos Rías Altas.








Esperamos ter contribuído coa nosa pequena aportación a sementar o espíritu da paz na nosa comunidade educativa.



















Moitas grazas a todas as familias pola vosa participación.

Un saúdo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.