martes, 20 de xuño de 2017




"A MAXIA DAS PALABRAS"
Revista do CEIP de Prácticas. Curso 2016/17.





Un ano máis tedes un novo exemplar da nosa revista escolar. Recopilamos con ilusión algúns dos traballos do noso alumnado que esperamos que vos guste.

Aproveitamos esta ocasión para desexarvos un feliz verán.

Premede AQUÍ:







POR SAN XOÁN, AS ONCE CO DÍA DAN!






domingo, 11 de xuño de 2017




INVITACIÓN DO I.E.S. "RAFAEL DIESTE" AO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

No mes de maio os nosos nenos/as de 6º de educación infantil tiveron a oportunidade de gozar dunha actividade especial proposta polo equipo de biblioteca do IES "Rafael Dieste" co gallo da celebración da Semana das Letras Galegas:

Na biblioteca do instituto escoitaron "A Galiña Azul" de Carlos Casares da man do alumnado de 4º da E.S.O. e pintaron unha ficha da galiña con rotuladores de soprar. Ademais, cada neno/a escoitou un conto do seu "padriño" ou "madriña" lector.



Todos disfrutaron con esta proposta tan axeitada
para os nosos nenos/as




GRAZAS A TODAS AQUELAS PERSOAS DO I.E.S. "RAFAEL DIESTE" QUE SE IMPLICARON NESTA ACTIVIDADE TAN BONITA!!