luns, 19 de maio de 2014

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2014

Un ano máis celebramos o Día das Letras Galegas cun festival na nosa escola. Como xa sabedes, este ano o homenaxeado é XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, autor de NIMBOS.

A continuación queremos presentarvos unha serie de fotografías que recollen algúns momentos do festival.

Os primeiros en chegar.

Preparados, vai comezar.

Os presentadores

Os de Educación Infantil interpretan "Peixiño pequeno".


Os de 1º recitan e interpretan cancións de berce.

Os compañeiros e compañeiras de 5º interpretan e bailan "Anda Maruxiña"

Os de 2º interpretan unha canción dedicada a todos os autores homenaxeados nas Letras Galegas.

Os de 4º recitan poemas.

Os de 5º cantan e bailan "A saia de Carolina"

Xoana e Juan de 4º interpretan unha peza.

Os maiores preparados para "O rap do galego"

En plena actuación.


A festa remata coa interpretación do poema Penélope de Xosé María Díaz Castro con música da Quenlla.

Felicidades a tod@s polas vosas actuacións!

venres, 16 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014.RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS EN GALEGO

Este mes, co gallo das Letras Galegas, queremos recomendarvos algúns libros. Cada alumn@ levará un tríptico en papel, pero tamén podedes consultar aquí.



Feliz Día das Letras Galegas, sempre con libros!

SAÍDA AOS XARDÍNS DE MENDEZ NUÑEZ (6º EI)

O mércores, 14 de maio o alumnado de 6º de infantil foi aos Xardíns de Méndez Núñez, a coñecer máis cousas sobre a nosa cidade. Estivemos acompañados por uns monitores moi simpáticos que nos fixeron pasar un rato moi moi agradable.
Atendimos ás explicacións.
Coñecimos unha escultura dedicada a Curros Enriquez.


Fomos ao palco da música,

onde xogamos,
e tocamos instrumentos.




Coñecimos os edificios históricos dos xardíns e mostráronnos fotografías dalgúns que xa non están.
E fixemos xogos.

E o sol acompañounos todo o tempo.


Cando acabamos fomos a esperar ao autobús e regresamos á escola.

Foi unha saída estupenda.

mércores, 14 de maio de 2014

NA CASA DOS PEIXES

Este martes visitamos a Casa dos peixes. Fixo un día fabuloso. Vimos moitísimos peixes e aprendimos un montón de cousas, xa que na escola o proxecto de traballo que temos entre mans en Educación Infantil é Peixiño pequeno.

Saindo ordenadamente cara aos autobuses



Esperando na entrada para poder pasar


Coñecendo a Raquel, unha das nosas guías


Primeiras explicacións


Aprendendo sobre peixes e medio ambiente-




O Acuario é moi grande. Hai moitos corredores e escaleiras.
E unhas vistas impresionantes.
Tamén visitamos ás focas no exterior.


Puidemolas ver facilmente.


Mirámolas con atención


Son impresionantes.


Nadan moi ben.

Despois vimos numerosos acuarios...


Con peixes de diferentes tipos.


Fascinante!




Algúns parecían verdadeiros monstros mariños: congros, morenas,...



Baixando ao Nautilus do Capitán Nemo
Dentro do Nautilus
E alí estaba Gastón, o tiburón.
As estrelas mariñas

A algúns a visita fíxoselles curta e non querían marchar. Pero seguramente volverán cos seus papás.