venres, 24 de febreiro de 2017

xoves, 23 de febreiro de 2017




           PREPARANDO O ENTROIDO !!




               


Nesta semana decoramos o colexio con moitas cousas feitas polos nenos e nenas co gallo da celebración desta festa tan especial.

O alumnado de educación infantil e primeiro curso de primaria ilustraron coplas do Entroido que agora vos amosamos:














O resto do alumnado de primaria fixeron receitas de doces típicos destas festas.


                             



Non faltaron flores, orellas, filloas, rosquillas e chulas.








GRAZAS POLA COLABORACIÓN DE TODOS!

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA








mércores, 22 de febreiro de 2017



RECITANDO E CANTANDO A ROSALÍA !!!

A iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega todos os nosos nenos/as e mestres/as do colexio homenaxeamos a Rosalía estes días na voz de Uxía Senlle.

ROSALÍA PEQUENIÑA, Libro-CD con Rosalía de Castro como protagonista. 


"ROSALÍA PEQUENIÑA" PARA CANTAR, GOZAR E BAILAR.



Os alumnos de educación infantil e primeiro curso de educación primaria cantan da man das súas mestras "Rosalía pequeniña", poema que leva por nome este libro-CD, escrito por Uxía en homenaxe a Rosalía, e con música de Magín Blanco. As ilustracións son de Marina Seoane.


Rosalía pequeniña,
soñaba con ser pirata
a pequena Rosalía 
escribía na nosa fala

A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira
...
...






O resto do alumnado de educación primaria homenaxea a Rosalía recitando e cantando os seus poemas recollidos neste fermoso libro: "Come chove miudiño", "Xan", "Has de cantar", "Maio longo"...
Este alumnos/as van ás aulas dos compañeiros/as que escoitan os recitados que fan. 
Aquí vedes algúns destes momentos:


ALUMNADO DE 6º RECITANDO "COMO CHOVE MIUDIÑO"



 ALUMNADO DE 3º RECITANDO "HAS DE CANTAR"

                                                       

CHEGA O DÍA DE ROSALÍA!




Un ano máis participamos da iniciativa da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega para homenaxear a nosa escritora.

Cantarte hei, Galicia,
Na lingua galega,
Consolo dos males,
Alivio das penas
...

Cal ela ningunha
Tan doce que cante
Soidades amargas, 
Suspiros amantes.

Misterios da tarde.
Murmuxos da noite.
Cantarte hei, Galicia,
Na beira das fontes.


CANTARES GALLEGOS (1863)

FEBREIRIÑO...





FEBREIRO, CHEGA PRONTO E VAISE MÁIS RÁPIDO !

Como vedes, unha vez máis os nosos nenos e nenas puxeron cor ao inverno cos seus debuxos no calendario do colexio.