luns, 20 de novembro de 2017

Receita



Estimadas familias,

Con motivo de conmemorar as festividades  propias do outono, pedimos a vosa colaboración para elaborar receitas con produtos da tempada do outono (castañas, cabazas, mazás, uvas, marmelos, moras, granadas, avelás, cogomelos...).

Con todas as receitas aportadas polo alumnado o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro elaborará un libro de receitas.

O alumnado da etapa de Educación Infantil, elaborará estas receitas xunto coas súas mestras nas aulas e as familias de Educación Primaria estaredes a recibir nas vosas casas unha ficha coa explicación e un modelo que vos pode guiar para realizar esta labor.

Lembrade que os traballos serán en galego e que tendes ata o día 30 de novembro para entregar as vosas aportacións.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Un saúdo, O Equipo de Dinamización da Lingua Galega.


xoves, 9 de novembro de 2017

RECOMENDACIÓNS LECTORAS...DE MEDO!








NOVEMBRO.

...UNHA ALFOMBRA COBRE O CHAN,
TAPIZ DE FOLLAS CAÍDAS 
FOLLIÑAS QUE VEÑEN E VAN.



Celebramos as festas do outono


O día 31 de outubro celebramos as festas do outono, coa vosa colaboración.



 Os nenos e nenas tivemos  un contacontos de medo








 Fomos polos corredores para ver a exposición das cabazas













Rematamos o día comendo castañas, bailando e facendo xogos no patio.
Moitas grazas a toda a comunidade educativa pola vosa participación!.

Preparamos o centro para despedir o mes de outubro e acoller ó Samaín.