venres, 21 de decembro de 2012

FESTIVAL DE NADAL

Hoxe celebramos o fin do trimestre e o Nadal. Comezamos coas actuacións musicais dos diferentes cursos e máis tarde tivemos a visita de Papá Noel para os máis pequenos. Aquí tedes unha pequena mostra do que foi a mañá.

Antes de comezar

As  actuacións















A visita de Papá Noel




BO NADAL


Desexámosvos un bo Nadal e un feliz ano 2013.

martes, 18 de decembro de 2012

MUSEO DE BELAS ARTES


















Como estamos traballando a arte, non podíamos deixar de facer unha visita ao museo local de Belas Artes. Para moitos, esta era a súa primeira visita a un museo. Vimos obras de pintores famosos, Luis Seoane, Lugrís, Leiro, e incluso Picasso. Ademais, despois de visitar todas as salas, o alumnado puido pintar un retrato de muller feito por Picasso  e que observaran  previamente.

luns, 17 de decembro de 2012