luns, 22 de xuño de 2015

FIN DE CURSO: VENRES, 19

Hoxe remata o curso e continuamos os festexos. Primeiro, co mago Bruneti e despois, os inchables.

MAGO BRUNETTI

Esta é a segunda vez que contamos coa  presenza deste gran mago. Sorprendeunos, fíxonos rir e ademais desenvolveu un espectáculo moi participativo. 
Grazas mago Brunetti!







OS INCHABLES

Este ano foi moi divertido porque ademais dos inchables houbo varios obradoiros, un de maquillaxe, outro de globos, chapas, e moitas cousas máis. O día estivo espléndido.


















BOAS VACACIÓNS A TOD@S!

FIN DE CURSO: XOVES, 18

PARTIDOS

Comezan os festexos, e facémolo dun xeito moi deportivo. Houbo partidos entre todos os cursos e finalmente o tradicional partido de brilé ente as profes e as alumnas de 6º .





GRUPO MALPASO

David, o profe de AL , é membro dun grupo de música. Así que este ano puidemos contar coa súa presenza e escoitar a súa música. Foi moi marchoso e divertido.















ACTUACIÓNS INFANTÍS

Despois, comezaron as actuacións de todos os grupos. Coma sempre, os máis pequenos en primerio lugar.


4º e 5º de infantil




Os presentadores


6º de EI




6ºEI


2º EP


Os pandereiteiros do cole: Mateo, Marta, María, Amaya e a profe Elvira.


3º EP


5º EP


6º EP


6º EP





Bravo!!

JULIA XUBÍLASE

Julia, unha das profes de infantil, está a piques de se xubilar. Por iso, este ano a graduación d@s alumn@s de 6º de infantil foi moi especial. Houbo un montón de actuacións, de sorpresas e de emoción.



Os presentadores deron paso ás actuacións que este grupo preparara durante todo o curso para os diferentes festivais.


Comezaron coa representación do Paxaro Federico



Despois a obra A casa da mosca Chosca



Un baile, coreografado por elas mesmas.





E unha canción sorpresa para Julia.



Houbo entrega de orlas, recollidas polos nenos e as familias.















E moitas, moitísimas fotos.



As familias tamén nos sorprenderon cuns fermosos agasallos feitos entre tod@s: un fermosísimo video adicado ás profes cos alumn@s como protagonistas, libriños con debuxos, flores,.....



Un día realmente especial.