21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA.
Cada ano nesta data celébrase o Día da Poesía proclamado pola UNESCO en 1999.
Esta acción ten como obxectivo principal apoiar a diversidade das linguas a través da expresión poética e dar ás linguas ameazadas a posibilidade de comunicarse nas súas comunidades respectivas.
Esta semana adicamos un tempiño á lectura en galego dalgunhas poesías na nosa lingua que tamén queremos compartir con vós:
"MEL, UNHA MOSCA AGRADECIDA" de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, ilustradora. Un fermosísimo poemario comprometido coa lingua galega que abraza o aspecto máis lúdico da poesía. |
Unha mosca agradecida
comeza hoxe a voar,
Mel é o seu nome
e vainos falar
dun can, dun soldado,
do rato Paco e do seu irmán,
un tenro cullarapo
que xa nos fixo soñar.
https://vimeo.com/190317002
O gozo da escoita deste libro-poema no alumnado de educación infantil |
Aquí tedes outra proposta poética, unha fermosa maneira de perder os medos da infancia a través da poesía:
"O LIBRO DOS MEDOS" de María Canosa e Olaya Naveira, ilustradora |
Este libro-poema recibiu unha mención no VII premio Arume de poesía para nenos no 2013
Cando era pequena
sempre xogaba
aínda que ás veces
tamén me asustaba.
Xogaba por aquí
xogaba por alá.
Cantaba lililí
cantaba lalalá.
Máis dunha vez
oín un Uhh-lulú.
Era o medo agochado
dicindo cucurucú.
Medo medroso
que queres facer?
Por moito que berres
non te vou temer.
Por iso escribín
estes poemas
que me daban valor
e arredaban as penas.
Medo mediño
xa podes calar
pola punta do lapis
terás que marchar.
Así, verso a verso,
poema a poema,
o medo marchou
da miña cabeza.
sempre xogaba
aínda que ás veces
tamén me asustaba.
Xogaba por aquí
xogaba por alá.
Cantaba lililí
cantaba lalalá.
Máis dunha vez
oín un Uhh-lulú.
Era o medo agochado
dicindo cucurucú.
Medo medroso
que queres facer?
Por moito que berres
non te vou temer.
Por iso escribín
estes poemas
que me daban valor
e arredaban as penas.
Medo mediño
xa podes calar
pola punta do lapis
terás que marchar.
Así, verso a verso,
poema a poema,
o medo marchou
da miña cabeza.