venres, 26 de abril de 2013

OS DE TRES ANOS VAN Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Esta vez foi o turno dos máis pequenos da escola. Visitaron a biblioteca municipal dos Rosales e coñeceron ao paxaro Olé. Algúns xa estiveran alí, outros ían por primeira vez. As bibliotecarias explicáronlles moitas cousas sobre as bibliotecas e contáronlles contos. Tamén poideron levar á escola moitos libros en préstamo.





DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril celebramos o Día do Libro. Durante toda a semana organizáronse unha serie de actividades. Entre estas:
  • Adquisición de cómics para traballar este xénero na escola. E non só lémolos, senón que tamén os facemos.
  • Difusión dun tríptico con lecturas recomendadas para todos os niveis.
  • Elaboración de marcapáxinas.
  • Cada clase regala un libro especial á biblioteca do cole (escollido coidadosamente por cada titor).
  • Creación colectiva dun libro viaxieiro (quizais poidades velo pronto neste blog).
  • Contacontos nas aulas. Os grandes contan contos aos pequenos.




Aquí Xoana e Lucía contan un conto inventado por elas mesmas aos compañeiros de infantil.

E agora, todos a ler! 
Feliz Día do Libro!

CONCERTOS NA ESCOLA

Iniciamos un novo proxecto,  XOGANDO COA MÚSICA,  e nada máis motivador para empezar que escoitar música en vivo e, ademais, interpretada polos compañeiros maiores da escola.Así que esta semana tivemos nas aulas de infantil a visita dos músicos de 6º de primaria.

O primeiro día escoitamos instrumentos de vento
Sara coa trompeta, Arlen co fagot e Julia coa frauta travesera.











O segundo día de corda: Lucía e Joaquín tocaron a guitarra, Santiago o violín e Carmen o chelo.















E os máis pequenos tamén quixeron tocar
 Antón trouxo os instrumentos....
 e todos quixeron probar.

martes, 16 de abril de 2013

SAÍDA A MARÍA PITA (5º INFANTIL)

O venres, 12 de abril, @s alumn@s de 4 anos fixeron a saída didáctica, Historias de María Pita, onde se lles deu a coñecer unha parte da historia da nosa cidade.

A actividade desenvolveuse nun ambiente lúdico e tivemos un tempo estupendo, tendo en conta a meteoroloxía dos últimos meses.


Ao chegar recibíronnos as monitoras, sentámonos baixo a estatua de María Pita e contáronnos algunhas cousas. Tamén nos repartiron en dous grupos.




 Despois de escoitar con moita atención, comezamos o percorrido.

 Fixemos xogos con instrumentos, imitando os sons da batalla.


 Xogamos a pelexas con bolas de papel coma se fósemos antigos coruñeses loitando contra os ingleses.




E vimos unha das salas do Concello,...

deitados sobre unha alfombra, miramos as vidrieiras do teito,


 vimos unha armadura,
 as bandeiras,...
En fin, pasámolo moi ben e ademais aprendimos moitas cousas novas.

martes, 9 de abril de 2013

VISITA DE TRINKE TRINKE

O luns contamos cunha visita excepcional nas aulas de Educación Infantil: a compañía de teatro Trinke Trinke que representou para nós  Lilí Gruyére, un espectáculo cheo de poesía, música e tenrura.

Dende Lonxedetodo chegaron o rato Fuco Ratapón e a artista Lilí Gruyére. Houbo música, cancións, baile, contos e risas.

 Este é Fuco Ratapón.
 Sabe tocar o acordeón.
 Escoitámolo con moita atención.
 Esta é Lilí que tamén cantou cancións,


 Contounos un conto chamado Turelí, tureló.
.
 Houbo sorpresas....
 risas....




 Fuco contuo o conto Los pájaros.
 E chegou a despedida......
Foi un espectáculo delicioso.
Pero xa sabedes que podedes disfrutar de Trinke Trinke todas as semanas nas Bibliotecas Municipais. Non o perdades!