venres, 31 de xaneiro de 2014

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Entre as actividades que realizamos para celebralo na escola destacaremos, entre outras cousas, a campaña de recollida de alimentos para colaborar cos máis desfavorecidos. Temos que agradecer a colaboración de todos pola participación, xa que foi un éxito, e o recollido irá para o banco de alimentos Rías Altas da nosa cidade.

Ademais disto, todos os alumnos e alumnas escribiron os seus desexos de paz para este día, algúns deles foron lidos en público e todos foron recollidos nunha caixa postal. Dun xeito simbólico, tamén enchemos a silueta dunha pomba da paz debuxada no chan con algúns dos alimentos recollidos. Vimos videos, escoitamos cancións e rematamos cantando todos xuntos "Campás pola paz" recollida no libro-CD Pan de millo de Migallas.
Os nosos desexos de paz

Cada un o seu desexo



A pomba da paz

Colocamos os alimentos,...

entre todos,...

maiores e pequenos, ...

Bo traballo!


Lendo os desexos de paz,...




Cantando.

Os murais.

Traballando sobre a paz.

mércores, 29 de xaneiro de 2014

CONTACONTOS NA ESCOLA

Un ano máis recibimos a visita dos contacontos da editorial Kalandraka que nos deleitaron cos seus contos e a súa música. Pasamos uns momentos estupendos con eles.

Trouxeron moitos contos e unha maleta.

Contaron contos preciosos. Este titúlase MAMÁ.

Prestamos moita atención.

Tamén contaron: Onde viven os monstros, Imos cazar un oso,
....

Na maleta estaban Max e os monstros.


Tamén cantamos cancións.
Encántannos os contos!

xoves, 23 de xaneiro de 2014

OS DE TRES ANOS VAN AO MUSEO

A semana pasada os compañeiros e compañeiras de 4 e 5 anos foron de visita ao MAC. Esta semana foi o turno dos de 3 anos.
Ademais de visitar as instalacións do museo, aprenderon as normas que deben observarse nestes espacios culturais e coñeceron as persoas que traballan neles: recepcionista, o garda de seguridade, o persoal de limpeza, o persoal de mantemento e o restaurador de obras de arte.

No autobús

Coñecendo á nosa guía


O recepcionista

que nos explicou as súas funcións.

O garda de seguridade

As obras de arte: os cadros.

Unha das nosas obras favoritas

Canta cor!

O persoal de limpeza.

O restaurador de obras de arte.

Chegando ao final do percorrido.

Esperando para a foto final,

que nos fixeron nun autobús.


.


Vaia experiencia! Para moitos a súa  primeira visita ao museo. Seguro que quedan ganas de repetir!


luns, 20 de xaneiro de 2014

SAÍDA AO MAC (MUSEO ARTE CONTEMPORÁNEA)

Os pasados xoves e venres, o alumnado de Educación Infantil visitou este encantador museo da nosa cidade que, ademais de ter unha fermosa colección de obras, ten tamén exposicións e o que é máis interesante para os pequenos, ofertan interesantes actividades relacionadas coa arte, a color, a luz, as formas,...
Nesta ocasión a actividade que realizaron cos nenos e nenas de catro e cinco anos tiña que ver cos proxectores (de luz, de imaxes,...) Ademais de aprender un montón e ver obras moi interesantes, houbo espacio para a emoción, a risa e a sorpresa.
A viaxe en autobús é unha experiencia divertida


Había varios monitores. Primeiro nos mostraron fotografías en branco e negro

As explicacións seguíronse con moita atención

Tamén participamos. Irene fixo un gato para decorar un muro baleiro

E coa axuda dun pequeno proxector...

Conseguímolo.

Tamén vimos grandes proxeccións que nos trasladaron a outros lugares...

E moitas cousas máis que non podemos ensinar porque as luces estaban apagadas.
O seguinte día foi o turno dos de cinco anos.

Que repetiron as mesmas experiencias
Tamén escoitaron con moita atención
Participaron
Con moito interese
As experiencias coas luces apagadas foron o mellor
Déronos lanternas que eran proxectores, coas que fixemos xogos.

Pero o mellor de todo foi o que non podemos ensinarvos porque DUENDÍN comezou coa sua máxia e, entre outras cousas, apagou todas as luces e as cámaras de fotos non funcionaban ben.