domingo, 29 de maio de 2016

"ÁBRESE UN GROMO", NOVO PROXECTO DE EDUCACIÓN INFANTIL. FACEMOS UNHA HORTA NA ESCOLA

Ao longo deste último trimestre, estamos desenvolvendo un proxecto sobre plantas. Por iso, despois de recabar información, comezamos a preparar unha pequena horta.

Primeiro de todo foi preparar a terra, houbo que sachar. Aprendemos que hai diferentes ferramentas con diferentes funcións.
Ao principio a terra estaba moi dura, pero co esforzo de todos e todas fomos mellorando o terreo.


Unha vez, preparada a terra houbo que pensar en sementar. Que cultivos serían máis doados e darían mellores resultados?
Os nenos e nenas pronto comezaron a achegarnos cousas dende a súas casas: plantas de amorodos, tomates, xirasois, perexil, leitugas, etc..





Pouco a pouco, a horta vai despegando. Hai que regar, esperar,...










Tamén etiquetamos todo para recordar que é cada cousa.
E como podedes ver, pouco a pouco, o traballo e dedicación dos nenos e nenas de infantil vai dando os seus froitos.

Que fermosas leitugas! Que fermosa horta!

mércores, 25 de maio de 2016

O FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O día 20 celebramos as Letras Galegas na escola, e fixémolo con actuacións musicais e recitados de todos os cursos. Foi unha homenaxe a Manuel María xa que todas as cancións e poemas interpretados foron textos do poeta.

OS PRESENTADORES

EDUCACIÓN INFANTIL CANTA: CARACOL

1º DE PRIMARIA: OS TRABALLOS DE TODO O ANO

2º DE PRIMARIA: A VACA

3º PRIMARIA RECITAN O POEMA A LÚA

4º PRIMARIA RECITAN: EU SON DE OUTEIRO DE REI

OS DE 5º CANTAN A CANCIÓN: O CARRO

OS DE 6º CANTAN O CUCO

martes, 17 de maio de 2016

Día das Letras Galegas


Este é o mural colectivo que fixemos entre todos os cursos. Quedou chulo! Está formado por moitos anaquiños que se repartiron por todo o colexio, deste xeito todos puideron colaborar.

Tamén fixemos unha exposición cunha selección de poemas de Manuel María ilustrados. Vai estar uns días na entrada da escola, por si o queredes ver.







Este venres celebraremos o festival das Letras Galegas, onde recitaremos e cantaremos os poemas de Manuel María.

venres, 6 de maio de 2016

VISITA AO MAC

Esta semana os alumnos e alumnas de Educación Infantil foron ao MAC , o Museo de Arte Contemporánea. Alí puideron ver obras, fundamentalmente retratos. moi diferentes aos retratos convencionais; fotografías, esculturas, pantallas con imaxes,.... Un mundo sorprendente cheo de imaxinación. Ao final participaron nun obradoiro moi divertido.