xoves, 21 de febreiro de 2013

SAÍDAS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE OS ROSAIS

Á SAÍDA DE 6º DE INFANTIL

O mércores, 20 de febreiro saímos á biblioteca municipal para descubrir os libros informativos (Saber e Coñecer) que alí podemos encontrar. Vimos que hai libros sobre animais, plantas, corpo humano, música, matemáticas, e moitos temas máis.



Como recibíramos un bulbo de tulipán de regalo quixemos aproveitar a visita para ver si alí había información sobre estas plantas: como plantalas, que coidados necesitarían, etc... Levabamos moitas preguntas, e poidemos encontrar a resposta a moitas delas.











 Tamén puidemos buscar libros informativos sobre animais salvaxes e felinos. Como as profes tiñan carné de biblioteca poidemos traer moitos á escola para consultalos e aprender cousas novas.





Ningún comentario:

Publicar un comentario