mércores, 3 de abril de 2013

ANIMAIS SALVAXES E FELINOS

Este foi o tema que traballamos nas aulas de infantil neste 2º trimestre. Despois de preguntar ao alumnado que tema lles gustaría investigar e aprender na escola, moitos deles elixiron animais salvaxes: leóns, tigres, monos, elefantes, etc. Outros preferían os dinosauros, pero ao final triunfaron os animais salvaxes o os felinos.

As nosas investigacións nos levaron a coñecer os felinos dos diversos hábitats do planeta. Dende os habitantes da sabana, aos da selva e ata os gatos domésticos que viven nos nosos fogares. Aprendimos a diferenciar tigres, leopardos, guepardos, panteras. Coñecimos os costumes, características e dieta dos leóns e de outros animais salvaxes.

Primeiro decoramos a escola e buscamos información.



Atopamos moitos libros e contos realcionados. Algúns estaban na escola, outros nas bibliotecas municipais e outros nas casas dos nenos e nenas.



Tamén xuntamos películas e algunhas vímolas xuntos.

Despois traballamos moito: coas palabras,





cos animais de xoguete,

pintamos animais,
lemos contos,

escribimos sobre o que aprendemos,
fixemos traballos colectivos,

e individuais.











Aprendemos moitísimo e o mellor e que pasámolo moi ben facendoo xunt@s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario