mércores, 25 de setembro de 2013

COMEZA UN NOVO CURSO

Comezamos curso con emoción, ilusión, nervios.... Un ano máis, compañeir@s nov@s, novas incorporacións á escola do alumnado de tres anos, e algunhas ausencias (profes que se van, os de sexto xa no instituto,...). Pero eso si, con ganas de traballar e disfrutar moito.
Estes son @s nov@s compañeir@s de 3 anos.



Foto de grupo
Traballando
Facendo  plastilina
Xogando


No patio



A primeira exposición na entrada do colexio é sobre ilustradores galegos. Nas aulas de Educación Infantil estamos coñecendo  o que fan os ilustradores de contos, como se chaman, e lemos e vemos os seus maravillosos libros. Tamén facemos traballos sobre 
eles.
Observamos a exposición




Un dos ilustradores chámase Oscar Villán e coñeciamos un montón de libros ilustrados por el: O coelliño branco,  A cebra Camila, Cinco, Lúa,... Outros ilustradores son: Mª Fe Quesada, Noemí López, Pepe Carreiro, Mon Daporta, Pablo Pintor,....


Ningún comentario:

Publicar un comentario