martes, 19 de novembro de 2013

DINOSAUROS

O noso  proxecto de traballo para este primeiro trimestre en Educación Infantil trata sobre os DINOSAUROS, eses seres tan fascinates que existiron hai moitos millóns de anos. Os rapaces amosaran en moitas ocasións interese por saber cousas sobre eles, e por fin, na escola decidímonos a dar resposta a esta inquietude.

Comezamos preguntándonos:

QUE SABEMOS?

QUE QUEREMOS SABER?

Despois comezamos a recopilar información:
  •  nas bibliotecas,
  •  todas as familias implícanse traendo moitísimos materiais: libros, traballos feitos na casa, láminas, fósiles, dinosauros de xoguete, dvd, revistas, debuxos,...
E facemos unha exposición con todo, na entrada do colexio e nos corredores.





Nas aulas temos os dinosauros de xoguetes, con eles xogamos.






Todos os días lemos e aprendemos algo novo, tamén facemos moitas fichas,...









Facemos dinosauros con pintura,...





Agora estamos empezando a facer un gran dinosauro con caixas de cartón. De momento estamos pintando, pero pronto veredes o resultado.




Ningún comentario:

Publicar un comentario