martes, 25 de febreiro de 2014

OS DE 5 ANOS VAN Á BIBLIOTECA MUNICIPAL PARA SABER MÁIS SOBRE BULBOS

Os rapaces e rapazas de 6º de infantil foron á biblioteca porque saben que alí hai libros para SABER E COÑECER . E como queren saber como plantar bulbos, xa que teñen un na clase, van buscando libros de xardinería donde lles expliquen como facelo.

Unha vez alí, non só conseguiron libros informativos sobre o tema que buscaban, senón que tamén viron que habíaos sobre todos os temas: o corpo humano, os alimentos, traballos manuais, os animais, a música, os transportes, ......

Volveron a clase cargados de libros prestados porque había moitos sobre comida e alimentos que é o novo tema de traballo na escola.
As bibliotecarias amosáronos algúns dos seus libros favoritos

Todos escoitamos con atención

Vimos libros de SABER E COÑECER  pero tamén contáronos o conto do PEQUENO REI DAS FLORES

Aprendimos a clasificar os libros por temas.


Exploramos a biblioteca


Limos contos


E agora sabemos que poderemos volver sempre que queramos coas nosas familias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario