venres, 16 de maio de 2014

SAÍDA AOS XARDÍNS DE MENDEZ NUÑEZ (6º EI)

O mércores, 14 de maio o alumnado de 6º de infantil foi aos Xardíns de Méndez Núñez, a coñecer máis cousas sobre a nosa cidade. Estivemos acompañados por uns monitores moi simpáticos que nos fixeron pasar un rato moi moi agradable.
Atendimos ás explicacións.
Coñecimos unha escultura dedicada a Curros Enriquez.


Fomos ao palco da música,

onde xogamos,
e tocamos instrumentos.




Coñecimos os edificios históricos dos xardíns e mostráronnos fotografías dalgúns que xa non están.
E fixemos xogos.

E o sol acompañounos todo o tempo.


Cando acabamos fomos a esperar ao autobús e regresamos á escola.

Foi unha saída estupenda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario