mércores, 18 de xuño de 2014

PEIXIÑO PEQUENO (TRABALLANDO COS PEIXES EN INFANTIL)

Este último trimestre quixemos aprender sobre os peixes. Sabiamos algunhas cousas pero había moito por descubrir. Coma sempre a colaboración das familias foi moi importante. Aportaron multitude de materias (contos, películas, cunchas mariñas, estrelas de mar, peixes de xoguete...) e fixeron traballos artísticos moi interesantes nas casas.
Na aula de 3 anos amosan traballos feitos en familia,

peixes de xoguete

de varios tipos.

As profes contaron contos.

Máis traballos feitos na casa,..

todos moi orixinais,

e interesantes.






Na aula fixéronse traballos...



Na casa dos peixes vimos moitos peixes vivos. Na clase vimos un dos que se compran na pescadería e puidemos tocalo, ver as súas partes (aletas, ollos, branquias, opérculos,...).



Puidemos identificalo grazas aos nosos libros de consulta.


Traballamos moito na decoración dos corredores.

Fixemos peixes de moitísimas cores.


Consultamos moitos libros.

Máis traballos en familia
Investigando na casa

Aprendemos os nomes dos peixes e outros animais mariños, que colocamos nun gran mural.



A nai de Mauro (3 anos) e Fabián (5 anos) axudounos a facer un traballo precioso.




Unha tarta de aniversario moi especial (Ollo á decoración, é un peixe).
Tamén aprendemos poesías (Caballito de mar,...), cancións (Peixiño pequeno, Un peixe moi divertido, ....), e moito máis.....

Ningún comentario:

Publicar un comentario