Un día decidimos que poderiamos facer algo por mellorar o noso mundo, o noso planeta. Pero que?
Lendo libros, vendo programas e películas descubrimos que con xestos sinxelos poderiamos contribuir. O primerio que descubrimos é a cantidade de lixo que se xenera no mundo cada día e a importancia de reutilizar e reciclar. Na nosa escola aprendemos a reciclar e a reutilizar o que xa non serve. Sabemos que hai diferentes contedores para os diversos materias e que se poden facer moitas cousas con envases, caixas de cartón, plásticos, etc. A exposición Skeleton Sea que foron ver moitos, deunos algunhas ideas. Trouxemos das casas un montón de material de refugallo e aprendimos a separalo e despois fixemos unha gran cantidade de traballos con todo. Sabemos que hai animais en perigo, que temos que aforrar recursos, electricidade, auga, que hai que contaminar menos,......
 |
| Aprendemos a separar o lixo |
 |
| Na clase temos un contedor amarelo e outro azul |
 |
| Hai que clasificar para separar |
 |
| Temos materiariais moi variados |
 |
| Ás veces xurden dúbidas |
 |
| Preparamos a exposición nos corredores |
 |
| Preparamos as letras do título |
 |
| Verde que te quero... |
 |
| Verde |
 |
| Tamén comezamos a traer traballos feitos coa familia. Antón trae un comedeiro de paxaros. |
 |
| Gústanos traballar... |
 |
| ....con tantos materiais |
 |
| Hai traballo para tod@s |
 |
| O armario da bruxa,... |
 |
| As árbores do outono |
 |
| Os avións |
 |
| e naves espaciais |
 |
| Toncos e pólas |
 |
| de cor marrón. |
 |
| Coñecemos artistas que traballan con materias diferentes. |
 |
| Facemos vermes con tapóns. |
 |
| Eso sí, hai que respetar a orde da serie. |
 |
| E ser moi coidadosos. |
 |
| Fecemos cousas coas que xogar. |
 |
| Cousas coas que decorar. |
 |
| Porque entre todos podemos facer moito.... |
E aínda queda moito por aprender e por facer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario