luns, 26 de outubro de 2015

ANTHONY BROWNE

Encántanos Anthony Browne, as súas ilustracións, as súas historias, os animais dos seus contos, o misterios doutros,.... Por iso queremos facer no noso blog unha breve reseña sobre o autor e  algúns dos seus fascinantes libros.

Anthony Browne naceu en Gran Bretaña o 11 de setembro de 1946. É autor e ilustrador de libros infantís. Ten case corenta títulos publicados e recoñecemento internacional polo seu labor no campo dos libros para nenos.


Crea coas súas acuarelas unha narrativa intensa, que mestura o realismo con toques surrealistas e fantásticos, con efectos visuais humorísticos e inxeniosos. A súa habilidade no uso da cor, patróns e fondos promoven sutilmente unha empatía cos seus protagonistas. Os GORILAS aparecen en moitos dos libros de Browne, quen afirma estar fascinado por eles e o contraste que representan -na súa gran forza e xentileza. Vémolas como criaturas moi feroces, pero non o son.



Algúns dos seus libros máis importantes son:
  • Mi papá.
  • El juego de las formas.
  • Voces en el parque.
  • Gorila.
  • O libro dos porcos.
  • Willy el soñador.
  • Las pinturas de Willy.
  • Cambios.
  • Me gustan los libros.
  • Zoológico.
  • El tunel.
  • Ramón Preocupón.
  • Mi Mamá.
  • Willy el Campeón.
  • Cosita Linda.
  • No Bosque.
  • Mi hermano.
  • Hansel y Gretel.
  • Los tres osos. 


Un dos traballos máis bonitos que fixemos foron uns SACAPENAS, despois de ler o libro do mesmo título. Xa temos a quen contar os nosos medos antes de ir durmir....
 



  •  

     






Ningún comentario:

Publicar un comentario