Coma sempre, houbo unha grande participación de todos na elaboración de cabazas decoradas que colocamos polos corredores. Despois de acender as candeas, todo o alumnado fixo un percorrido para velas. Moit@s viñeron disfrazad@s.
A media mañá, chegou o castañeiro e tod@s poidemos probar as deliciosas castañas.
O único problema que tivemos foi o tempo, que non se portou moi ben. O día estaba chuvioso polo que tivemos que estar dentro da escola case toda a mañá.
![]() |
| Facendo traballos do Samaín |
![]() |
| Cantos disfraces! |
![]() |
| A exposición de cabazas. |
![]() |
| Moitísimas! |
![]() |
| Os corredores decorados |
![]() |
| Chega o momento de acender as candeas. |
![]() |
| E ver as arrepiantes cabazas.... |
![]() |
| ....mentres soa unha música terrorífica. |
![]() |
| Todas diferentes. |
![]() |
| Percorrendo a exposición. |
![]() |
| A selección de contos de medo... |
![]() |
| ...no armario da bruxa. |
![]() |
| Para comer, vasoiras de bruxa, cabaciñas de mandarina e fantasmas. |
![]() |
| Todo moi saudable |
![]() |
| Despois, comendo as castañas. |
![]() |
| Que ricas están! |
Feliz outono e inverno a todos!













































Ningún comentario:
Publicar un comentario