mércores, 16 de decembro de 2015

SAÍDA AO CGAI DA CORUÑA

Como xa ven sendo habitual cada novembro, os alumnos e alumnas de educación infantil foron cos seu profes a ver cine. No Centro Galego de Artes da Imaxe, póñennos en contacto con formas de facer cine diferentes das que estamos afeitos a ver nas salas comerciais, polo que son inusuais e a miúdo sorprendentes. Nesta ocasión vimos varios curtos de animación feitos en Irán. Toda a rapazada disfrutou moito, tanto na sala de cine como no paseo en autobús a través da cidade. Para os de tres anos foi, ademais, a súa primeira saída escolar.

Na sala de cine do CGAI


Saíndo do edificio de Durán Loriga.

Esperando polo autobús.

É hora de voltar á escola.

Ningún comentario:

Publicar un comentario