martes, 6 de decembro de 2016

PACO NOGUEIRAS VISITA O CENTRO

O pasado 28 de novembro recibimos a visita do contacontos e músico, Paco Nogueiras, que veu da man da editorial Kalandraka. Tivemos unha sesión na biblioteca á que acudiu o alumnado de educación infantil do centro. Alí puidemos disfrutar dunha selección de contos narrados polo noso invitado ademais dalgunhas cancións. Pasamos un rato moi agradable con contos como Renato, Os tres porquiños, Piñeiro e Mister Magnolia.






Ningún comentario:

Publicar un comentario