luns, 4 de abril de 2016

SAÍDAS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Como cada primavera comezamos as visitas á biblioteca municipal dos Rosales. Alí sempre temos ocasión de aprender, escoitar contos , explorar  e coller algún libro en préstamo. As bibliotecarias faláronos da catalogación dos libros de Saber e coñecer, e sobre como podemos facer para atopar materiais dun tema que nos interese (o corpo humano, as plantas, os animais, a música,....). Déronos información sobre como plantar un bulbo e contáronos o conto de El pequeño rey de las flores. Volvimos á escola cunha maleta chea de libros para ler durante os vindeiros días.

As explicacións das bibliotecarias

O pequeno rei das flores

Explorando a biblioteca

Compartindo 

A biblio ten moitos espazos interesantes...

...para gozar....

....das nosas lecturas favoritas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario