domingo, 29 de maio de 2016

"ÁBRESE UN GROMO", NOVO PROXECTO DE EDUCACIÓN INFANTIL. FACEMOS UNHA HORTA NA ESCOLA

Ao longo deste último trimestre, estamos desenvolvendo un proxecto sobre plantas. Por iso, despois de recabar información, comezamos a preparar unha pequena horta.

Primeiro de todo foi preparar a terra, houbo que sachar. Aprendemos que hai diferentes ferramentas con diferentes funcións.
Ao principio a terra estaba moi dura, pero co esforzo de todos e todas fomos mellorando o terreo.


Unha vez, preparada a terra houbo que pensar en sementar. Que cultivos serían máis doados e darían mellores resultados?
Os nenos e nenas pronto comezaron a achegarnos cousas dende a súas casas: plantas de amorodos, tomates, xirasois, perexil, leitugas, etc..





Pouco a pouco, a horta vai despegando. Hai que regar, esperar,...










Tamén etiquetamos todo para recordar que é cada cousa.
E como podedes ver, pouco a pouco, o traballo e dedicación dos nenos e nenas de infantil vai dando os seus froitos.

Que fermosas leitugas! Que fermosa horta!

Ningún comentario:

Publicar un comentario