mércores, 26 de outubro de 2016

PREPARAMOS O SAMAIN !!

Chega o outono e un ano máis comezamos a preparar as festas que tanto nos gustan, o Samaín e o Magosto. E coma sempre achegámosvos algunha información sobre a data de celebración ou como facer a vosa cabaza.
O vindeiro venres 28 celebraremos estas festas con varias sesións de contacontos, a exposición de cabazas decoradas e mailo castañeiro que virá da man da ANPA.

Esperamos contar con tanta participación e entusiasmo como en cursos anteriores. Seguro que si porque os corredores xa están quedando preciosos cos murais temáticos, a exposición de contos de medo e as vosas cabazas!






Ningún comentario:

Publicar un comentario