mércores, 22 de febreiro de 2017



RECITANDO E CANTANDO A ROSALÍA !!!

A iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega todos os nosos nenos/as e mestres/as do colexio homenaxeamos a Rosalía estes días na voz de Uxía Senlle.

ROSALÍA PEQUENIÑA, Libro-CD con Rosalía de Castro como protagonista. 


"ROSALÍA PEQUENIÑA" PARA CANTAR, GOZAR E BAILAR.



Os alumnos de educación infantil e primeiro curso de educación primaria cantan da man das súas mestras "Rosalía pequeniña", poema que leva por nome este libro-CD, escrito por Uxía en homenaxe a Rosalía, e con música de Magín Blanco. As ilustracións son de Marina Seoane.


Rosalía pequeniña,
soñaba con ser pirata
a pequena Rosalía 
escribía na nosa fala

A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira
...
...






O resto do alumnado de educación primaria homenaxea a Rosalía recitando e cantando os seus poemas recollidos neste fermoso libro: "Come chove miudiño", "Xan", "Has de cantar", "Maio longo"...
Este alumnos/as van ás aulas dos compañeiros/as que escoitan os recitados que fan. 
Aquí vedes algúns destes momentos:


ALUMNADO DE 6º RECITANDO "COMO CHOVE MIUDIÑO"



 ALUMNADO DE 3º RECITANDO "HAS DE CANTAR"

                                                       

Ningún comentario:

Publicar un comentario