domingo, 19 de marzo de 2017



VISITA Á BIBLIOTECA DOS ROSAIS


Nesta primeira quincena de marzo os alumnos/as de 4º de educación infantil asistiron a unha sesión de contacontos a cargo das bibliotecarias.
O alumnado contou cunha presentación motivadora: "OLÉ", un paxaro que convida aos nenos/as á biblioteca:



Os nenos/as gozaron da escoita de contos como "Los limones no son rojos",
"La cueva del dragón", "Veo, veo", "Shhh!"... que foron traducidos
ao galego durante a narración.

Ademais tiveron a oportunidade de mirar libremente libros co fin de escoller os que levar ao colexio e tamén recibiron unha carta dirixida ás familias coa información dos recursos da biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario