domingo, 23 de abril de 2017





23 DE ABRIL DE 2017, DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR.


Achegámosvos un fragmento da mensaxe da UNESCO co gallo desta conmemoración:


"O Día Mundial do Libro e do Dereito do Autor constitúe unha oportunidade para poñer de manifesto o poder que teñen os libros de fomentar a nosa visión de sociedades de coñecemento inclusivas, pluralistas, equitativas, abertas e participativas para todos os cidadáns".


Irina Bokova. Directora Xeral da UNESCO.

 Resultado de imaxes para IMAGENES DE DIBUJOS DE LIBROS 

Conakry (Guinea) foi designada Capital Mundial do Libro 2017 en recoñecemento ao seu programa para fomentar a lectura na mocidade e nos sectores máis desfavorecidos da poboación.


Este ano a poeta Rosalía Fernández Rial agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia:




Os nenos/as do colexio ilustraron as portadas dalgúns dos seus libros preferidos. Aquí tedes unha mostra: 





Tamén fixemos un concurso de marcapáxinas. Os gañadores recibiron un libro como agasallo, da man de Hugo, o coordinador do equipo da biblioteca.











Ningún comentario:

Publicar un comentario