luns, 20 de novembro de 2017

Receita



Estimadas familias,

Con motivo de conmemorar as festividades  propias do outono, pedimos a vosa colaboración para elaborar receitas con produtos da tempada do outono (castañas, cabazas, mazás, uvas, marmelos, moras, granadas, avelás, cogomelos...).

Con todas as receitas aportadas polo alumnado o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro elaborará un libro de receitas.

O alumnado da etapa de Educación Infantil, elaborará estas receitas xunto coas súas mestras nas aulas e as familias de Educación Primaria estaredes a recibir nas vosas casas unha ficha coa explicación e un modelo que vos pode guiar para realizar esta labor.

Lembrade que os traballos serán en galego e que tendes ata o día 30 de novembro para entregar as vosas aportacións.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Un saúdo, O Equipo de Dinamización da Lingua Galega.


Ningún comentario:

Publicar un comentario