luns, 17 de decembro de 2012

CONTARTE

Contarte é o nome do proxecto que desenvolvemos nas aulas de educación infantil durante este primeiro trimestre do curso. Así, traballamos múltiples aspectos relacionados coa arte.
Para comezar, preparamos na entrada e nos corredores do centro, unha exposición con libros e contos relacionados coa arte e tamén con imaxes de obras de pintores famosos de todos os estilos e épocas.
Pouco a pouco, a partir da lectura e observación de libros e láminas comezaron a soar nomes dalgúns artistas que nos foron chamando especialmente a atención.  Miró e Picasso foron dous dos autores que máis interese suscitaron por parte do alumnado e das mestras.
Deste xeito, comezamos a investigar a estes personaxes, a súa vida, a súa obra e ademais tentamos facer como se fósemos eles. Tratamos de imitalos e facer traballos inspirados nos seus.







Aprendimos moito, pero ademais producimos cousas ben bonitas que agora están expostas no centro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario