luns, 17 de decembro de 2012

Samaín e Magosto










Como todos os anos, na nosa escola, o último día de outubro celebramos o Samaín e máis o Magosto. Todos traen as súas cabazas decoradas coas que facemos unha exposición. Durante a mañá apagamos as luces e acendemos as candeas, que medo! Encántanos velas mentres soa unha música fantasmagórica polos corredores. Xa a media mañá preparámonos para comer as castañas que asaron algúns pais e nais. Que ricas! Tamén escoitamos música e bailamos no patio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario