martes, 12 de marzo de 2013

ELAS FAN TECH

A semana pasada, o alumnado do colexio visitou as instalacións da Normal para ver unha fantástica exposición chea de maxia, fantasía, luz, cor,...

Foi unha exposición pouco convencional. Cadros con obxectos que se movían,
cabaliños patinadores,
persoas minúsculas que se asustaban dos visitantes, ...
Esta foi unha exposición diferente a outras porque alí podíase correr, bailar, tocar,... eso sí, seguindo sempre as indicacións que nos daban.

Vimos constelacións,
 medusas no fondo do mar,
Espellos máxicos tamén....


e libros máxicos en casiñas de contos,....



E todo esto acompañados por Tonecho que foi o noso guía nesta viaxe fantástica.






Ningún comentario:

Publicar un comentario