mércores, 6 de marzo de 2013

SAÍDA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Continuando coa serie de visitas que facemos ás bibliotecas municipais, esta vez foi o turno dos de 4 anos.
Xa que recibiran unha carta de Félix Fontiñas, un biólogo que perdera a memoria e necesitaba información urxente sobre algunhas cuestións relacionadas cos animais, decidiron ir buscala á biblioteca dos Rosales.

 Primeiro traballaron na escola....



Despois, colleron o autobús.....



E unha vez alí, aprenderon moitas cousas: que na biblioteca hai moitos tipos de libros, que podemos levalos a casa en préstamo, que podemos atopar información nos libros para saber e coñecer, e ademais as bibliotecarias contáronlles contos.



Agora saben que poden ir alí tamén coas súas familias e ter o seu propio carné de biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario