Xa que esta é a semana das Letras Galegas e o noso proxecto de traballo neste trimestre é a música, pensamos que estes días eran unha boa ocasión para coñecer un pouco máis da música tradicional galega. E, como introducción contamos coa presenza dun grupo de alumnos e alumnas de 4º de primaria que saben tocar e cantar moi ben.
 |
As presentacións |
Mostráronos a gaita, da que Amaya nomeou as súas partes principais, a frauta agaitada, da que Mateo nos dixo que podía utilizarse para aprender a tocar a gaita e as pandeiretas.
 |
Mostran os instrumentos: a gaita de Amaya |
 |
Frauta agaitada |
 |
A pandeireta |
Despois, deleitáronos con varias cancións populares: Muñeira de Lugo, Pasodoble de Calo, Ai Manuel,...
 |
Comeza a música |
 |
Amaya coa gaita |
Cantaron, tocaron, bailaron e os pequenos disfrutaron moitísimo e non perderon a atención nin por un momento.
 |
Os pequenos atentos e encantados |
 |
Música e baile |
 |
Máis baile |
 |
Os pandereiteiros |
 |
Sen perder detalle |
Oxalá podamos escotaitalos e contar con eles máis veces. Encantounos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario